venres, 13 de xaneiro de 2023

Escola Galega de Consumo en infantil

 Hoxe o alumnado de infantil participou nunha charla promovida pola Escola Galega de Consumo, na que se analizou a importancia de gardar o "ticket" para reclamar os nosos dereitos como consumidoras/es, a tipoloxía dos xoguetes atendendo ao sesgo de xénero (uso e cor nos catálogos) así como os elementos que deben estar presentes na caixa dos xoguetes.

Finalizaron cun pequeno obradoiro de fabricación dun xoguete (bolboreta) con material de refugallo.







Ningún comentario:

Publicar un comentario