venres, 9 de decembro de 2022

O OFICIO DO/DA XASTRE

 Dentro dos oficios tradicionais galegos presentados polo noso mestre Roberto, atopábase o oficio do/da xastre. 

Conversamos sobre a tipoloxía de materiais e os utensilios de costura que se empregaban e se seguían utilizando en talleres artesáns. Moitos e moitas asociaron a máquina de coser a un aparello presente nas casas das súas bisavoas.
Desenvolvemos un obradoiro de cosido, empregando como base un cartón e un novelo de lá,  comprobamos a dureza do coiro e representamos o oficio da costureira no recuncho do xogo simbólico.

Grazas Roberto pola proposta e familias e  pola vosa participación.









Ningún comentario:

Publicar un comentario