O mércores 14 de decembro, as alumnas e alumnos de 5º e 6º curso tivemos a visita de
Noelia, unha profesional que nos veu a falar sobre a SEXUALIDADE.
Este é un tema que adoita sacarnos un pouco as cores a todas e todos; pero estamos nunhas idades nas que necesitamos recibir máis información sobre os cambios que sofren os nosos corpos, sobre os problemas que nos xorden para comprender o que pasa ao noso arredor, onde a forma de relacionarnos cos demais cambia, onde nos comezan a atraer outras persoas... polo que estas charlas foron moi necesarias e resultaron moi produtivas para nós.
Aprendemos termos novos relacionados coa nosa sexualidade, falamos sobre a necesidade de respectar as decisións, gustos e orientacións de cada quen, fixemos unha choiva de coñecementos previos, fixemos preguntas e resolvemos curiosidades... e tamén falamos sobre algúns libros interesantes relacionados cos temas tratados (algúns podémolos atopar na biblio do cole).
O máis divertido foi cando Noelia sacou dunha bolsa uns peluches con forma de vulva e de pene! Ao comezo deunos un pouco de vergoña e medo collelos e observalos; pero cando superamos este punto, puidemos ver como son os nosos órganos sexuais, tanto por fóra como por dentro, e vimos como é o seu funcionamento.
Aquí deixamos unhas imaxes dos “famosos” peluches, que sen dúbida será do que máis nos lembremos a maioría cando pensemos nesta charla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario