Onte foi día completo! O alumnado e mestras de infantil acabaron cansadiñas e cansadiños...pero pasámolo XENIAL, que é o importante.
Fixemos 4 actividades diferentes. Por un lado coñecimos todos os animáis da granxa, xa que non só había cabalos... quedamos un pouco abraiados ao ver alpacas🦙, cervos 🦌 avestruces, porcos vietnamitas🐖, periquitos... En fin...que había un montón...e bueno, hai que recoñecer que algúns nos daban algo de "medo"...
Tamén fixemos unha bolboreta 🦋con material de refugallo despertando o noso espíritu creativo.🎨
Continuamos con xogos de movemento. Destacar a actividade estrela, que foi montar en "Pelotita" un poni🐎 moi simpático!
Foi un día fantástico na Granxa Escola de Bergando
Ningún comentario:
Publicar un comentario