*Subirei mais fotos neste álbume se as mestras me comparten mais fotos.
O alumnado de 3º e 4º foi pasar o día descubrindo a zona do Barbanza.
Comezaron parando no porto de Cabo de Cruz, mirando o mar, os animais mariños e os barcos.
Despois subiron á Curota, de camiño desfrutaron das vistas e alucinaron coas bateas, moitas e moitos non sabían o que eran... Tamén puideron ver cabalos salvaxes e vacas. Xa no cumio, gozaron dunha preciosa néboa 😓 e acompañounos todo o cmaiño unha vaca 🐄, que case sube ao bus con nós.
Debido ao mal tempo, comeron dentro do cole: Centro de Educación Primaria Salustiano Rey Eiras
A cuarta parada da xornada foi na Pobra do Caramiñal, para coñecer a casa de Valle Inclán
Despois, fixeron un obradoiro de marisqueo a pé, comezando cunha parte teórica.
Por último, cambiaron as roupas molladas e pararon a tomar un xeado... No plan contaban ir aos Castros de Baroña, pero chovía demasiado...
VER TODAS AS FOTOS DO ÁLBUME
Ningún comentario:
Publicar un comentario