Dende o centro estivemos traballando coas 6 Emocións da pirámide, e foron varios os produtos finais que se desenvolveron.
Por unha parte, as seguintes curtas sobre cada unha das emocións foron elaboradas en diferentes fases. Por unha banda, o alumnado de 4º elaborou o texto das historias, a aula de 3ºB creou as personaxes en cartón pluma e puxo a voz nestes vídeos xunto con 5ºB que se encargou de mover as personaxes e facer a montaxe. A música da cabeceira, foi composta por Carmen, a mestra de música e gravada co alumnado de 5ºB.
Na aula de 3ºA traballamos especificamente a emoción do Orgullo, a través da canción “Son muller”, do grupo de pop feminino “Máis boas que as patacas”
En infantil tamén se traballaron as emocións un pouco mais de xeito xeral, empregando os contos de "El Monstruo de los colores"
Tamén se elaborou unha canción sobre o Medo, composta por Carmen, a mestra de música, para acompañar a montaxe dun vídeo con debuxos feitos en Arts na aula de 6º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario