O CEIP APÓSTOLO SANTIAGO VE O FILME “A LINGUA DAS BOLBORETAS” E INVESTIGA SOBRE A ÉPOCA DO FRANQUISMO.
O Apóstolo Santiago viu o filme “ A lingua das bolboretas” no salón de actos do centro. A película está ambientada no ano 1936, o mesmo ano no que ocorreu a Guerra Civil.
A película cóntanos a historia dun neno de oito anos, Moncho, que comeza a escola tarde debida a súa asma. Alí coñece a Don Gregorio, o seu mestre, con quen Moncho creou unha relación de amizade.
Todo cambia cando estalla a Guerra Civil, o día 18 de xuño de 1936, onde Francisco Franco decide invadir España, acabando así coa II República.
O final do filme vemos como varios homes van ser fusilados, incluído Don Gregorio. Esta película esta baseada no libro de Manuel Rivas “Que me queres, amor?”.
Ao acabar a película, a familia de Darío Abad Sanmartín, un alumno de 4º, veu contarnos a interesante historia de Marcial Villamor Varela, tataravó de Darío. Marcial naceu en Toques, en 1899 e faleceu en Guntín, no ano 1937. Tivo que ocultarse moito tempo para non ser asasinado polos Franquista debido a que él apoiaba a República. Foi perseguido durante moito tempo, e por iso cada día se iba ocultando en sitios diferentes.
Para coñecer máis sobre a vida Marcial, esa mesma semana, o colexio preparou unha saída á praza de Marcial Villamor Varela no barrio do Sar, que leva o seu nome. Foron na compaña do avó e do pai de Darío onde lle mostraron cales eran os lugares por onde escapaba Marcial, onde vivía el e o resto da súa familia.
En agradecemento e homenaxe, deixaron unhas flores para Marcial na placa que leva o seu nome e remataron o día soleado xogando nun parque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario