luns, 30 de maio de 2022

CÓNTAME UN CONTO

 O CEIP Apóstolo Santiago foi invitado á ceremonia de entrega de premios polo certame "Cóntame un conto" impulsado pola fundación Antonio Fraguas Fraguas, no que a aula de 4º participou a principios de curso.

Hoxe o alumnado participante, vestiuse coa roupa que mais lle gustaba, para participar nesta cerimonia que tivo lugar no Teatro Principal. Aroa como representante do grupo e a súa titora Antía, foron as encargadas de subir a recoller o galardón. Posteriormente, toda a clase como merecedora deste premio, quixeron sacar unha foto con el na Praza da Quintana.

De volta para o cole, tiveron a sorte de atoparse cun músico na praza de Cervantes, que lles fixo un concerto case privado, onde lles presentou un instrumento que se chama "grave" (que se pode escoitar no video), que segñun nos puideron contar as compañeiras e compañeiros de 4º, é do ano 20.000aC, que está formado por un tronco oco de eucalipto, que hai que ter coidado porque o comen as termitas por dentro, e que para que sono hai que estar respirando seguido e moi rápido.




Ningún comentario:

Publicar un comentario