mércores, 4 de maio de 2022

APRENDENDO SOBRE O TRIATLÓN

 Esta semana, o alumnado de primaria coñeceu o deporte do Triatlón da man do clube Inforhouse de Santiago de Compostela. 

Coñeceron en que consistía o deporte, cal era o material empregado para cada unha das partes do mesmo, practicaron coas bicicletas de carretera e simularon un triatlón, no que tiveron de "nadar" con gorros de piscina, calzarse e poñer o casco para andar na bici e rematar correndo.

Todas e todos participaron moito, disfrutaron, e algunhas e algúns quedaron con ganas de practicar e coñecer mais a fondo este deporte do Triatlón.

Moitas grazas a Pablo e Leo do clube de triatlón Inforhouse Santiago, por vir a compartir estas xornadas con nós.






preme aquí para ver o álbume de fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario