O alumnado de 3º e 4º saíu cediño esta mañán para visitar o AUDITORIO DE GALICIA, e gozar cun teatro musical titulado "O neno de pau", de Toni Cantal, musicalizado pola Banda municipal de música de Santiago e coa colaboración da soprano María Penas.
Despois de visitar o Auditorio de Galicia, e coñecer a Banda municipal de música de Santiago, estiveron saudando aos patos no estanque do Auditorio e xa postos, quixeron seguir afondando en pasear e coñecer mais recunchos da cidade na que viven, polo que seguindo o río Corgo, chegaron ao parque da música, onde estiveron recoñecendo árbores, observando aves, falando da natureza e incluso un miniclase de ciencia sobre a creación do Arco da Vella.
Edificio da SGAE |
Edificio da SGAE |
Formación do Arco da Vella |
Coa gran axuda de Leo co megáfono, Pilar e Marisa coa súa sabedoría, nos foron explicando moitas cousiñas sobre a natureza e as aves de Santiago de Compostela.
Despois, seguindo o Río Sarela polo seu carón, chegamos ao parque de Galeras, descubrindo un novo espazo verde de Compostela, onde xogamos e gozamos do fantástico e solleiro día que nos acompañou.
Unha boa camiñata, para seguir avanzando no Proxecto Compostela.
Deberono pasar xenial!!!!!!!
ResponderEliminarSeguro que si, A ver se vos acordades de levar a Lingoreta a algunha destas saídas jaja
ResponderEliminarJajajaja
ResponderEliminarsi pasamolo xenial!!!
ResponderEliminar