domingo, 23 de xaneiro de 2022

AUDITORIO DE GALICIA e Parque Xixón 1º e 2º

 O aoumnado de 1º e 2º tamén foi coñecer o Auditorio de Galicia e gozar co teatro musical titulado "O neno de pau", de Toni Cantal, musicalizado pola Banda municipal de música de Santiago e coa colaboración da soprano María Penas. As rapazas e rapaces do cole disfrutaron tanto da actuación e participaron nela tan ben, que se convertiron en parte desta banda, seguindo o ritmo mellor incluso do que lles indicaban.



Ao rematar, saudaron aos Patos e aproveitaron esta escapadiña do cole, para seguir coñecendo a cidade na que viven, para continuar así camiñando no Proxecto Compostela

Desta volta, coñeceron o parque Xixón, onde xogaron e se divertiron como solo elas e mais eles sabes.








Ningún comentario:

Publicar un comentario