mércores, 22 de decembro de 2021

SOLSTICIO DE INVERNO

 

Cando chegaba o inverno e as neves cubrían o Cebreiro, as avoas ao ver un paporroibo, dicíanlle aos cativos e ás cativas, que estes paxariños viñan visitarnos para lembrarnos que por moi cativo que sexas, se levas o lume ben encendido no corazón, non hai frío que te conxele.

Feliz Solsticio de inverno a todas e a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario