XA TEMOS VARIAS PARTICIPACIÓNS
para enviarlle a Dani Padrón!
Dani Padrón, ilustrador de libros infantís, proponnos unha actividade para o noso espazo artístico da biblioteca.
Proponnos que fagamos esta ilustración do seu libro "Ba", pero á nosa maneira, podemos versionalo, darlle unha volta, imaxinalo doutro xeito... Todas as persoas que se animen a participar, poden deixarlle a Lingoreta a súa ilustración na biblioteca, con nome e curso, e Dani Padrón encargarase de facer un sorteo entre todas as persoas que participen, para agasallarlles cun libro de "Ba" (e algún outro libro ilustrados por el). Todas as ilustracións participantes, exporémolas no espazo artístico.
Animádevos e deixade voar a vosa imaxinación!
Son todo fermosisimos!
ResponderEliminarA o final quen ganou?
ResponderEliminar