sábado, 13 de novembro de 2021

MAGOSTO

 E seguimos con festexos tradicionais, chegou a quenda do Magosto!

Aínda que a mañán amenazou fresca, non nos quitou as ganas de levar a cabo unha xornada festiva e lúdica, aínda que segue sen ser como adoitan ser as celebracións neste cole, puidemos cheirar un pouquiño de normalidade, cos patios cheos de xogos, risas, contos e arrecendo a castañas asadas.

 A xornada de Magosto contou como non podía ser doutra forma con 11 zonas de Xogos tradicionais galegos (as canicas, as chapas, a goma, as combas, o pano, os zancos, a soga-tira, o escondite, os bolos, a chave, etc), un ratiño de degustación de castañas con leite e culminamos a mañán facéndolle caso ao refraneiro popular, que nos dicta "Polo San Martiño, trompos ao camiño", e tras a lectura do Manifesto do día do peón, lanzamos todos os nosos trompos a bailar e esperamos que así sigan polo menos ata o San Anton, San Amaro ou Santa Olalla.


 

**A carpeta con fotos da xornada de Magosto irase actualizando segundo nos vaian facendo chegar as diferentes imaxes.


MANIFESTO  DO  DÍA  DO  PEÓN





Ningún comentario:

Publicar un comentario