"Pra facer os Maios temos que coller, un feixe de frores e algo de dicer..."
E chegou ese día no que queremos botar fora o inverno e darlle a entrada á tan ansiada primaveira cunha boa festa, que aínda que non podemos festexar como soiamos facer anos anteriores, aproveitamos e gozamos en grande cantando e bailando.
Despois de tres días organizándonos por pequenas quendas, para que todo o alumnado puidera colaborar coa creación e decoración do Maio e o Maíño e grazas a contar coa importantísima axuda das familias, o resultado foi tan fantástico como podedes ver nas fotos.
Premendo na seguinte imaxe, podedes acceder ao cartafol de fotos destes días, para ver como o vivimos, e descargar algunha foto que queirades gardar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario