Con motivo da celebración no 15 de maio do Día Internacional das Familias, tratamos de facer visible a través do panel de “As nosas familias” o papel fundamental que vós, as familias, exercedes na educación dos vosos fillos e fillas a través dunha aprendizaxe permanente ao longo da súa vida.
Este ano ademais pretendiamos achegarnos ao voso espazo familiar, sacando as máscaras para poder desfrutar visualizando a imaxe real que en ocasións soamente gardamos nas nosas lembranzas.
Grazas polas vosas achegas, xa que sen elas sería imposible desenvolver esta tarefa que tan boa acollida tivo por parte de todo o persoal do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario