domingo, 24 de xaneiro de 2021

ENTROIDO

 

Achégase de novo o Entroido e a pesares da pandemia celebrarémolo, respectando todas as normas sanitarias vixentes.

 O ano pasado o noso centro acudíu como convidado á VII  Mostra do Entroido de Lamas de Abade.  Este ano convidáronos a participar formalmente na organización do mesmo.

No evento participan outros centros de Compostela e doutros lugares de Galiza traballando un entroido tradicional galego do xeito que cada centro considere. En antigas edicións e nos días anteriores ao entroido  unha representación de cada centro acudía ao entorno do Lamas de Abade onde se desenvolvía unha celebración que incluía pasarúas, actuacións e presenza dunha representación do entroido traballado.  Dada a actual situación esta fórmula de celebración non será posible, pero isto non impedirá a celebración.

As aportacións dos centros serán gravadas para posteriormente ser emitidas en Streaming en cada un dos centros participantes.

Este ano traballaremos o Entroido de Arcos de Mazaricos. O entroido de Arcos é unha parodia do exército francés. A continuación vos deixamos un díptico informativo sobre os diferentes grupos que forman parte do mesmo.

  • O alumnado de E.I. E do 1º ciclo disfrazáranse do EXÉRCITO DE PANOS
  • O alumnado de 2º ciclo disfrazarase da TROPA DOS VELLOS E AS VELLAS 
  • O alumnado de 3º ciclo disfrazarase do CORO DAS CEGAS E OS CEGOS.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario