mércores, 13 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Recursos Ricardo Carvalho Calero

Aínda que levamos aportando ideas e ligazóns dende fai varias semanas, xa na propia semana das letras galegas imos ir engadindo unha escolma variada de achegas diversas, que se foron en moitos casos empregando nas diversas materias para traballar nesta temática.


Para comezar, botádelle unha ollada a esta información que nos deixa Rocío, para coñecer moito mellor a Ricardo Carvalho Calero e adentrarnos na súa vida, na obra e na súa mensaxe sobre o galego reintegrado.
 


 -----------------------------------------------------------------------------------------

Laura nos deixa no seu blog a un grupo que se chama 2na Fronteira, cantando poemas de Carvalho Calero e outros autores que publicaban na Revista Nós:
Poema "Tenho uma dor" de Carvalho Calero


E aquí tedes un xoguiño sobre este poema , animádesvos a facelo?? 
Se queredes un pouquiño de axudo co xogo: Laura deixouvos información aquí



 -----------------------------------------------------------------------------------------

Coñecedes o conto de Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva"? Marta volo conta no seguinte vídeo!



Pois agora que xa o coñecedes, aquí vos quedan outros videos para seguir traballando con este conto



 CREANDO OS PERSONAXES CON FROITA

 
 O CONTO EN LINGUAXE DE SIGNOS


PREME AQUÍ PARA LER O CONTO CEDIDO POR Ed. Embora


 -----------------------------------------------------------------------------------------


E  agora que xa sabedes moito sobre a vida e a obra do noso homenaxeado, podedes completar esta aventura chea de retos que enviou Eva dende educación física! Animádevos con ela!
  



Ningún comentario:

Publicar un comentario