sábado, 25 de abril de 2020

OS MAIOS _ Dende a casa

 E CHEGOU O MAIO!!! Moitas grazas pola vosa imaxinación e as vosas achegas!






ACTIVIDADE: 

Achégase o primeiro domingo de maio, unha data que para a nosa escola é dende fai uns anos especial.

Ao redor deste día elaborabamos o Maio e dende o ano pasado, tamén o Maíño, colaborando toda a comunidade educativa e con gran implicación das familias. Logo festexabamos coas veciñas e veciños a chegada da primavera.

Este ano as circunstancias son ben diferentes pero chegou a primaveira igualmente, por iso propoñemosvos darlle a benvida tamén dun xeito diferente. Sabemos que moitas de nós non podemos coller flores, tampouco os maios sairán a rúa, pero todas temos moita imaxinación!

Elaborade o voso maio co que teñades a man, sacade unha foto en vertical e enviadea a rociocandalescovid19@gmail.com. O prazo para enviar as fotografías será o xoves 30 de abril. O domingo 3 o maio chegará á vosa casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario