domingo, 16 de febreiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: "AS VACACIÓNS DO PEQUENO NICOLÁS" E "GARAVANCIÑO".

Temos unha dobre recomendación!

Por unha parte, Beltrán de 2º de primaria, nos recomenda "As vacacións do pequeno Nicolás", e faino cun vídeo onde nos explica moi ben de que trata o libro, así que non deixedes de velo  para ver se vos interesa buscalo na biblio!

No segundo vídeo, Telmo de 4º de infantil nos quere falar de "Garavanciño". Se vedes o vídeo, estou convencida de que non dubidaredes en buscar este libro.

Que opinades lectores? Coñecédelos?

Moitas grazas Beltrán e moitas grazas Telmo polas vosas recomendacións!


Ningún comentario:

Publicar un comentario