Para conmemorar este día escolar da Paz e da Non violencia, ademais de proxectar coma todos os meses a semana de cine (que se pode ver noutra entrada do blog), e de preparar o estante de recomendacións lectoras por datas na biblioteca, así como un "tendal da paz" que se pode ver no corredor de 2º e 3º, tamén fixemos dúas creacións conxuntas entre todo o centro educativo.
Por unha parte a pomba, onde queda a nosa pegada e intención de construir paz
E por outra banda, traballamos nas aulas e lle demos cor a un escuro Guernica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario