Tras traballar nas aulas con diferentes actividades, algunhas mostras quedaron acompañando os corredores do centro, e non as quitaremos en todo o curso, para que non se nos esqueza en ningún momento.
Como himno destas semanas, tivemos a canción de Matriarcas, de Guadi Galego acompañándonos en todo momento, coa que entre toda a comunidade educativa, fixemos un video moi emotivo que busca transmitir a importancia de traballar de maneira conxunta para conseguir que a sociedade siga camiñando cara adiante. Grazas de novo a todas (e todos) os que colaborástedes neste proxecto.
No espazo de biblioteca, fomos durante todo o mes ofrencendo unha serie de libros para poder traballar sobre esta temática, que fomos cambiando para ofrecer algo de variedade, intentando ocupar os distintos tipos de violencia existentes no noso día a día. Do mesmo xeito, tamén tivemos unha semana de cine nos recreos, con diferentes curtas seleccionadas, desas que despois nos axudana reflexionar.
Ademáis tivemos a sorte de que Artur Trillo nos visitara co espectáculo teatral da compañía Talía Teatro, "Rosa caramelo e outras historias", onde nos tivo moi atentas seguindo os contos de "Artur e Clementina", "Os bonobos con lentes" e "Rosa caramelo", onde ademais de facernos pensar e reflexionar sobre algunhas realidades, nos tivo moi entretenidas, e ainda nos sacou algún sorriso nalgúns momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario