Ainda que este ano estivemos traballando polas aulas unha semaniña sobre persoaxes de medo e de lendas galegas así como decorando o cole terroríficamente.
Así coma co "Cine de medo", onde o voluntariado da biblioVagalume traballou como verdadeiras profesionais acomodadoras para preparar estes recreos diferentes.
O propio día da celebración, nos acompañaron as familias para un obradoiro de tallado de calacús que estiveron expostos polo cole, axudando a decorar tal día como este.
No espazo de biblio, coma sempre, mostráronse algunhas recomendacións literarias para a data
Ademais de todo o feito no centro, o alumnado voluntariamente participou nun concurso de relatos de medo, os cales aproveitaremos para crear un libro de "Relatos de medo", para ter a súa disposición na biblioteca.
este samain estuvo moi chulo
ResponderEliminar