"Pra facer os Maios temos que coller, un feixe de frores e algo que dicer..."
Acompañados desta copla e doutras preparadas dende a aula de música, tivemos unha semana moi chula.
Tras varios días de recollida de fiuncho e xestas, e facendo atadiños, o xoves chegou o día de vestir as estructuras dos Maios, coas súas faldas verdes. E tocou a decoración con cadenas de flores .
Despois de todo o traballo de familias, profes, nenas e nenos, quedaron cousiñas tan vistosas coma estas:
Chegado o día de sacar ao Maio de paseo , coa intención de pechar a tempada de inverno, saímos cantando pola contorna co cole, a ritmo de gaita e pandeireta, ata chegar de novo o cole, onde todas as clases nos amenizaron cunhas bonitas coplas, que seguiron coa paparota que preparan as familias tan rica coma sempre, festa, folclore e baile.
Cando toda a comunidade traballa xunta, se consiguen festas tan bonitas coma esta! Moitas grazas a todas/os!
Ningún comentario:
Publicar un comentario