venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN


Para conmemorar esta tradición celta tan arraigada en Galicia, comezamos o longo da semana por facer uns obradoiro de vaciado e decoración de cabazas, no que as familias nos axudaron un montón e quedaron cabazas moi chulas decorando o cole. 

Ademais de preparar unha boa exposición de libros de medo para que o alumnado puider potarlle unha ollada e traballar con eles, algunhas aulas quixeron chegar máis alá e levaron a cabo a redación de pócemas literarias que quedaron expostas polos corredores do centro.  

Ademáis desto, chegado o venres, o cole vestiuse de gala moi apropiadamente para a data, e en todos os recunchos podías atopar un selo que domstraba que festexabamos o Samaín.










Ningún comentario:

Publicar un comentario