mércores, 14 de novembro de 2018

MÚSICA TRADICIONAL

O alumando de 5º e 6º saíu de camiñata ata a ludoteca María Miramontes, para ver unha representación explicativa de Carlos Carpintero sobre como foi evolucionando a música tradicional e os seus instrumentos. 

Seguindo co traballo do patrimonio cultural, vivimos unha xornada moi emocionante e interesante, aprendendo e "flipando" coa orixe de moitos dos instrumentos musicais tradicionais e a súa evolución ata os que hoxe coñecemos, amenizada coa representación musical con varios deles. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario