🎙️O equipo de entrevistadoras da revista escolar NASS achégase nesta ocasión á historia máis recente do noso cole da man de Clara Ciurlo, antiga alumna do CEIP Apóstolo Santiago, que actualmente está estudando Bacharelato.
A través desta conversa, Clara comparte connosco os seus recordos da escola, como era cando ela estudaba aquí, os cambios que foi vivindo e algunhas das súas experiencias máis especiais, como a súa etapa de biblioaxudante na Biblio Vagalume.
Unha oportunidade para mirar atrás, recuperar lembranzas e descubrir como foi evolucionando a nosa escola a través da voz de quen tamén formou parte dela.
👏 Moitas grazas, Clara, por compartir connosco os teus recordos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario