martes, 20 de outubro de 2026

Voces da Escola: unha conversa con Delfina Bañobre

O equipo da sección de entrevistas da revista escolar NASS achégase aos micrófonos de Radio Vagalume para conversar con Delfina Bañobre, antiga mestra e directora do CEIP Apóstolo Santiago.

Esta entrevista enmárcase no noso novo proxecto documental integrado, «Erase unha vez a nosa escola», co que queremos recuperar a memoria do centro, coñecer a súa historia e descubrir como foi cambiando ao longo dos anos.

A través das lembranzas e experiencias de Delfina, achegámonos a outras épocas da vida escolar e á pegada que deixaron nela as persoas que formaron parte da nosa comunidade educativa.

Unha nova entrega de «Voces da Escola», o programa de Radio Vagalume no que as voces de onte nos axudan a comprender mellor a escola de hoxe.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario