mércores, 29 de abril de 2026

CLUB DE LECTURA EN 4º DE PRIMARIA

Durante o 2º trimestre, na clase de 4º lemos “No corazón do bosque”, de Agustín Fernández Paz. A historia enganchounos dende o comezo e, unha vez rematada, xuntámonos na biblio para falar dela: que partes nos gustaron máis, que nos pareceron algunhas das decisións dos personaxes, que cambiariamos...

Nesa reunión tamén vimos unha presentación sobre o lugar do que fala a novela: as Fragas do Eume, lugar que nos encantaría visitar! E tamén contestamos algunhas preguntas que xurdiron desta lectura, facendo unha posta en común de todas elas. Por último, o protagonista inspirounos algunhas tarefas moi artísticas e aquí vos deixamos as fotografías de toda esta experiencia.

Alumnado de 4º de primaria

 



👉Transformación dun anel noutra cousa, deixando voar a imaxinación
 




👉Sorpresas con tinta chinesas
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario