luns, 15 de decembro de 2025

"Somos barrio", POSTAIS DE NADAL

A iluminación de Nadal nos barrios de San Pedro e Almáciga


No marco do Proxecto de centro "Somos barrio", o alumnado de 6º de Educación Infantil centrámos a nosa actividade de Nadal na iluminación dos barrios de San Pedro e da Almáciga.
A iniciativa comezou coa colaboración das familias, que foron a pasear coas nenas e nenos por estes barrios, observaron as luces e capturaron fotografías da iluminación para compartir na aula. Unha vez na aula, observámolas e falamos sobre a iluminación e as rúas percorridas. Estas imaxes tamén se utilizaron para realizar unha actividade de xeolocalización. Mediante o uso dunha ferramenta de mapas dixitais, as crianzas identificaron os lugares exactos onde se tomaran as fotos e buscaron os nomes das rúas correspondentes. Finalmente, esta investigación serviu como base para a creación das postais de Nadal. Cada nena e neno escolleu unha das rúas e realizou o debuxo desa imaxe para ilustrar a súa felicitación.






Ningún comentario:

Publicar un comentario