luns, 10 de novembro de 2025

A VIDA NAS AULAS DE INFANTIL

 Nas aulas de educación infantil danse numerosas situacións de aprendizaxe, unhas propostas polas mestras e outras xorden de maneira espontánea de elas e de eles, os verdadeiros/as potagonistas deste proceso tan máxico.
Nesta ocasión, tivo lugar a creación dunha "pista" que se iniciou nun extremo da aula, circulando por debaixo das mesas e percorrendo todo o espazo ata voltar ao mesmo punto.
Comezouse con bloques de madeira, continuando con pontes (arcos), camiños curvos (castañas e tapóns) e ata un túnel (iogures).


Gustoulles tanto que convidaron aos compis de 4⁰ E.I. a velo!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario