O alumnado de 1º de primaria hoxe gozou dun bonito paseo ata a escola municipal de música.
Unha vez alí acompañados dunha cantante contacontos e de varios músicos e instrumentos da banda municipal (piano, violonchelo, contrabaixo, violín, viola, clarinete, tuba, saxo...etc), cantaron e bailaron ao carón de diferentes animais: axudaron a unha vaca que tiña fame, espertaron a un elefante e despois cantáronlle unha canción para durmir, recibiron a unha cascuda que lle faltaban as dúas patiñas de atrás, coñeceron a Carolina, unha boneca portuguesa que tiña unha saia cun lagarto pintado e chegou a galiña que estaba triste porque perdera aos seus pitiños...
Unha variedade de cancións que moitos e moitas coñecían, coa sorte de escoitalas interpretadas por varios instrumentos da banda municipal... tras cantar e bailar a moreas, fixemos unha paradiña na volta á escola para merendar e xogar un ratiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario