Ao longo desta semana algunhas das carautas do entroido do Courel estarán de visita en E.I.
O entruido do Courel caracterízase por ser un entroido pequeno que non gosta de masificacións, onde as protagonistas son as veciñas e veciños. As carautas están feitas con obxectos cotiás, que se atopan polas casas ou tamén elementos naturais da contorna.
Existen figuras que están presentes dende tempos inmemoriais na tradición oral, como pode ser " O Tisoireiro", " A Xardoeira", "O Boí" ou " O urso", outras máscaras e carantoñas vanse incorporando ano a ano dependendo dos recursos que cadaquén teña na súa casa.
Hoxe estiveron de visita por cuarto de E.I.
INFORMACIÓN SOBRE O ENTROIDO DO COUREL
Ningún comentario:
Publicar un comentario