O xoves 20 de febreiro tivemos a sorte de que nos visitara o artista máis famoso do barrio: Mondra!
Comezou contándonos a orixe das foliadas, esas festas tan divertidas e tan nosas. Despois amosounos os instrumentos tradicionais: sempre se tocaba con cousas da casa como latas, cunchas ou ata tixolas! E, por suposto, fixo aparición a pandeireta. Puidemos aprender ata a tocalos!!
Por último, explicounos a estrutura da muiñeira (ritmo único no mundo!!!) e varios puntos para prepararnos para... Foliar!!
Foi un gusto compartir a mañá con este artista e aprender tantísimo!! Grazas, Mondra!
Noticia redactada polo alumnado de 5º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario