O alumnado de 1º e 2º de primaria gozou dunha xornada de títeres no auditorio de Galicia baixo o título "E entón un xardín", da man da compañía Paporrubio.
A través do humor e a música en directo dun acordeón, a compañía presentou un xardín no que os vexetais e os animais foron os protagonistas, buscando facernos reflexionar sobre a necesidade de coidar e respectar o medio natural.
Aínda que o día non nos permitíu baixar paseando como tiñamos previsto, mereceu a pena!
Ningún comentario:
Publicar un comentario