Coa despedida do trimestre chega tamén o último podcast de "Que poema anda detrás da porta?", o programa da clase de 3º que tanto nos gusta escoitar.
Nesta ocasión, e como no Nadal os agasallos forman parte desta celebración, trátase dun poema-agasallo. Pero é un regalo moi especial, xa que consiste en agasallar PALABRAS! Claro que non vale calquera palabra, mais para descubrir cales podedes elixir vós, nada mellor que escoitar este fermoso podcast que presentan Lía e Xoel, a quen recoñecemos o seu esforzo porque se atopaba bastante mal da voz.
Unha aperta dende 3º e Bo Nadal!!!
Que palabras francas tan xeniais! Parabéns a toda a clase de terceiro por este novo podcast! Desexando escoitar máis!
ResponderEliminar