Os grupos de 3º e 4º de primaria estivemos esta semana no Museo do Pobo Galego.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito cunha actividade guiada por Raquel Queizás, unha gran apaixonada da narración oral e da nosa cultura. Por iso desfrutamos moitísimo descubrindo A Touporroutou, que representa a esas mulleres que transmitiron e transmiten o noso patrimonio oral dende hai moitísimos anos ata a actualidade.
Raquel levounos a través de diferentes recunchos do museo para descubrir algunhas desas poesías convertidas en cancións, así que lendo, escoitando, observando, cantando e mesmo bailando pasamos un ratiño fantástico no que descubrimos que o papel desas persoas segue a ser imprescindible para coñecer, valorar e desfrutar da nosa cultura.
E se todas nós nos convertemos en Touporroutou?
Ningún comentario:
Publicar un comentario