O alumnado de 5º e o equipo biblioaxudante de 6º saíu esta mañana a coñecer e visitar a biblioteca pública Ánxel Casal, coñecer a súa distribución e o seu funcionamento.
Nada máis chegar, coñecemos a figura de Anxel Casal, e algún alumnado que xa o coñecía falounos de que porque foi unha persoa importante para Santiago de Compostela e para Galicia. Ao entrar, mediante un vídeo, fixemos unha visita virtual pola biblioteca, mentres nos lembraban as normas de comportamenteo nestes espazos así como todo o que se pode facer nel.
E para rematar a visita, Merlo explicounos como podíamos buscar un libro no catálogo e púxonos á proba a ver se sabíamos atopalo nos estantes da biblioteca. Despois quixo explicarnos como podiamos face para emprestar un libro, pero Vera Pombo e Domi, que ían moi preparados, sacaron os seus carnés de usuarios da biblioteca e fixeron eles a explicación, de paso que levaron uns libros para pasar estes días festivos.
Xa coñecemos a biblioteca pública da nosa zona, agora non dubidedes en visitala máis veces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario