Dende o curso pasado a familia de Sira e Federico desenvolven un obradoiro para conmemorar o 7 de maio o día do burro, co obxectivo de crear conciencia nas nosas crianzas sobre a importancia de protexer e conservar esta especie.
Nesta ocasión elaboraron un burro con material de refugallo aportado polas familias (calcetín, botóns, papel de xornal, cartolina para as orellas e un anaco de tecido para a crin). Unha vez elaborado, saimos ao patio cuberto para realizar as "olimpiadas burrinas" a través dunha proba de salto de obstáculos.
Agradecer a participación das familias, de Eva e de Yeya-Miguel no desenvolvemento desta gran proposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario