luns, 20 de maio de 2024

CORRELINGUA

 O alumnado de 3º e 5º participou no Correlingua deste luns. Unha iniciativa que comezou fai xa 24 anos para reivindicar a normalización plena da nosa lingua, este ano camiña baixo o lema: 

"Desde aquí até acolá, GALEGO XA!"

Neste caso foron máis de 1000 estudantes e profesorado quen participaron na carreira que transcorreu con

saída e chegada á Alameda compostelá polas rúas do casco histórico. Alí mesmo, leuse un manifesto, cantouse o himno e gozaron dun concerto.  

Precisamente o grupo que actou ao remate, Cuarta Xusta, foi o que conseguiu o segundo posto deste certame este ano coa canción "Presumo galego". A banda melidense, con maioría de mulleres músicas á fronte, fixo saltar e bailar a rapazada presente que xa coñece as súas cancións reivindicativas e festivas a partes iguais.

Aqui podedes ler e escoitar o himno. " A miña boca non se equivoca"







Ningún comentario:

Publicar un comentario