O pasado xoves o alumnado de 5⁰ e 6⁰ de EI acudiu ao Museo do Pobo Galego para coñecer algúns dos oficios tradicionais galegos (zoqueiro/zoqueira, pedreira/pedreiro, afiador/afiadora e telleira/telleiro), adentrándonos así mesmo na literatura de cordel.
Raquel Queizás dinamizou a sesión a través do xogo, levándonos na procura da súa tía por medio de pistas que nos conducían á distintas estancias do museo (escaleira tripe elicoidal); representando os oficios por grupos e resolvendo adiviñas, cancións e trabalinguas recollidas nas "maltranas" que cada neno/a levou á casa.
Foi unha experiencia educativa e moi divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario