Fai dúas semanas Noa iniciou o obradoiro de antotipia na aula. Introduciu aos nenos/as no concepto da "antotipia", presentou libros de botánica facendo atención no nome científico das plantas e organizou o grupo en 4 equipos para a busca de follas e plantas no patio.
Tras a recollida, prensáronse e agardouse unha semana para a súa selección.
Pintaron a cartolina acuarelable coa mestura de alcohol e cúrcuma, seleccionaron unha flor/folla, colocàndoa sobre a cartolina e introducíndoa no marco.
O tempo, a presión e a luz foron os elementos claves para finalizar a técnica fotográfica da antotipia.
Mañá remataremos o obradoiro identificando as plantas seleccionadas nos marcos das fotos.
Grazas Noa!
Na sesión de hoxe recibimos a colaboración de Annie, a nai de Artai, e as compañeiras de prácticas.
Buscamos nos libros informativos de botánica a nosa folla/planta/flor recollida no marco, anotamos o nome científico nunha folla e saímos ao patio para localizalas, tratando de averiguar o seu nome común.
Grazas a todas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario