luns, 15 de abril de 2024

A BANDA DOS INSECTOS

 Celtia Figueiras (“A Xanela do Maxín”) visitounos esta mañá para desenvolver unha actividade dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria. A raíz da proposta atópase nun dos libros que esta escritora ten publicados, titulado “A banda dos insectos”, onde o tema principal é o acoso escolar ou bullying. 

Coa colaboración de varias persoas voluntarias, Celtia e o alumnado foron expoñendo diferentes situacións de acoso a partir das cales tiñan que ir aportando posibles solucións. Tras a súa representación, chegaron á conclusión da importancia de avisar sempre a unha persoa adulta para observar o que sucede e mediar na búsqueda dunha solución, tendo en conta que nunca debemos actuar en contra dos dereitos das demais persoas, así que empezaremos por non facer nunca o que non queremos que nos fagan a nós!

 










Ningún comentario:

Publicar un comentario