sábado, 3 de febreiro de 2024

XI MOSTRA DE ENTROIDO DO LAMAS DE ABADE

 Un ano mais o CEIP Apóstolo Santiago é participante da XI mostra de entroido do Lamas de Abade, á que asistíu a aula de 6º como representantes do centro, vestidos cunha adaptación do traxe dos Chocalleiros/as de Vilardevós. 


Comezamos visitando unha exposición sobre os diferentes personaxes e lozalizacións do Entroido Galego.


A continuación entramos no salón de actos para poder dar comezo ao evento, onde os Xenereais da Ulla foron a primeira aparición, onde botaron varios atranques escritos para a data.



A continuación recibimos a unha representación de Vilardevós, onde veu a alcaldesa, alumnado da escola e algunhas das participantes da asociación por recuperación do traxe do Chocalleiro.
 


Coma todos os cursos, tamén tivo lugar a presenza do xa tradicional Entroido do Lamas de Abade, co cura, o abade e o porco, que viñeron acompañados de música tradicional.



Damos por comezado o tempo de Entroido!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario