O grupo de 6º de Primaria reunímonos na biblioteca para falar dun libro que lemos durante o mes de xaneiro como actividade do Club de Lectura: “O álbum de Garrincha”, escrito por Beatriz Maceda Abeleira e publicado na Editorial Galaxia. A participación foi moi alta, e todas as persoas puidemos comentar as nosas impresións sobre a lectura (o que máis e o que menos nos gustou, o que cambiariamos, o que nos sorprendeu...), pero tamén falamos moito de todo o que aprendemos tras a súa lectura.
O libro foi escollido por estar relacionado co tema que a biblioteca propuxo este curso, os Xogos Olímpicos, xa que o seu título está inspirado en Garrincha, un futbolista brasileiro ao que puxeron ese nome de alcume porque os seus irmáns dicían del que era “libre, puro e veloz” como a ave de igual nome que vive en gran parte de América. Tirando dese fío, voamos tamén con outras aves que tamén están presentes no relato: os estorniños, dos que comentamos moitas das súas características. E, por suposto, falamos de Brasil, das favelas, da migración, das dificultades que ás veces se presentan nas nosas vidas e debemos afrontar tratando de buscarlles unha solución.
Foi unha sesión moi interesante e participativa, así que en breve comezaremos a preparar a seguinte!!!
Noticia redactada polo alumnado de 6º de Primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario