mércores, 10 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Sabedes cal é o significado da palabra “sororidade”? Este termo, aínda que de recente incorporación no dicionario da Real Academia da Lingua Galega, xa se empregaba a comezos do século XX nalgunhas obras literarias. Actualmente esta palabra está moi presente durante todos os actos que se celebran reclamando a igualdade entre as persoas, e fai referencia á solidariedade entre mulleres (procede do latín “soror”, que significa irmá).

Inspiradas nesa idea da axuda mutua, un grupo de mulleres de Santiago de Compostela decidiron crear a asociación “Sororas”, para traballar coa rapazada dos centros educativos este concepto. Para iso, visitaron ao alumnado de 5º e 6º de primaria, onde realizaron diferentes actividades sobre as que debatemos, e a partir das cales elaboramos algúns traballos. Analizamos vídeos publicitarios, fragmentos de películas, deseñamos un mapa da igualdade, buscamos datos que reflexaran a desigualdade entre xéneros e países, etc. Pero o que máis nos gustou foi gravar varias curtas nos que representamos varias situacións discriminatorias, e que as encargadas de impartir o obradoiro (ás que queremos dar as grazas desde aquí), nos enviaron para que poidamos compartir con todas vós. Esperamos que vos gusten, que as comprendades e que estedes moi atentas a todas as situacións de desigualdade que observedes, para tratar de facer entre todas un mundo máis igualitario.

Noticia redactada polo alumnado de 6º de primaria

- Rachar cos roles:

 

 
- Apoio mútuo:
 
 
- Acurtando distancias apoderadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario