O alumnado da escola estivo sementando desexos nos aros olímpicos, como símbolo da proxecto deste curso que define a unidade e a colaboración.
Primeiro fomos por cursos a sementar os nosos desexos, algúns lidos en alto e outros quedaron no segredo, a continuación sementamos herba, puxemos a terra, regamos e démoslle cor.
Para rematar a xornada, todo o alumnado cantou, acompañado de piano e guitarra, unha peza preparada nas aulas de música, a que chamaron "Moitas Cores", adaptación dun tema popularizado por Joan Baez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario