domingo, 23 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

Para festexar o día do libro, damos saída aos amadriñamentos lectores, que esperamos se sucedan no que queda de curso.

Aínda que o tempo non nos acompañou, non quedamos coas ganas e organizamos a cuberto esta xornada que levamos esperando toda a semana. O alumnado de 3º a 6º, despois do recreo foi buscar aos seus cursos amadriñados para acompañalos á súa zona de lectura, unha vez alí, o que aconteceu foi marabilloso, mellor velo en imaxes que contalo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario