Hoxe o alumnado de 2º-3º e 4º gozou da visita dunhas amigas e amigos do conservatorio de música de Santiago que viñeron compartir un concerto didáctico con nós.
Presentáronlles os instrumentos de corda, vento-madeira e vento-metal mediante contos e bandas sonoras de películas, así como fixeron algún experimento que valeu para descubrir a procedencia dalgún instrumento dos que alí estaban.
Unha fantástica visita na que todas e todos o pasamos xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario