xoves, 9 de marzo de 2023

XORNADA DE ESGRIMA

 Esta semana o alumnado de 2º a 6º de primaria, puido coñecer o deporte da Esgrima da man do clube "Compostela Esgrima".

Xose comezou explicándonos o materia que se emprega no deporte, as distintas modalidades e diferenzas que existen entre os floretes, sables e espadas, así como a vestimenta de proteción que se leva posta, para demostrar que ante todo, é un deporte moi seguro.



Na práctica, aprenderon a coller a espada, a camiñar no campo facendo "marchar ou romper" e a realizar "fondos" para poder tocar a un contrincante.




Todas saímos desta xornada aprendendo algo mais sobre un deporte para a mioría descoñecido, con unhas nocións básicas por se algunha vez o vemos practicar e cunha invitación para achegarse ao clube e poder practicalo un pouquiño mais.

Moitísimas grazas a Xose e ao clube Compostela Esgrima, pola visita!

VISITA A PÁXINA WEB DO CLUBE

Ningún comentario:

Publicar un comentario